Irene Pin


publiquei algúns poemas en Grial e na revista Aires Novos, un proxecto literario autoxerido que botamos a andar nos anos de instituto. Alén das incursións deste poemario, tamén explorei a videopoesía en Declaración, adaptación do texto homónimo de Lois Pereiro, premio Siluetas Furtivas en 2016, e Non preciso ser salvada, galardoado no Rabbit Heart Poetry Film Festival 2018 de Massachusetts.
Actualmente compaxino o labor como xornalista coa realización audiovisual en traballos como o documental San Finx 1960, a webserie interactiva Amnesia 3.0 ou a curtametraxe Somos Cárcere. En realidade, aínda que nunca o admito en voz alta, soño con facer filmes.

foto: bego f. ferreiro

https://gl.wikipedia.org/wiki/Irene_Pin